A continuación ofrecemos resposta a algunhas cuestión que poden xurdir en torno a esta iniciativa. Se tes alguna consulta ou dúbida que non aparece reflectida aquí utiliza o formulario de contacto xeral.
- ¿Que é Vindeira Transferencia Tecnolóxica?
- ¿Quen pode participar?
- Somos un Grupo de Investigación pero non vamos a realizar presentación, ¿podemos asistir?
- O formulario de rexistro non funciona, ¿qué podo facer?
¿Que é Vindeira Transferencia Tecnolóxica?
Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT ou VindeiraTT) é una iniciativa, impulsada por Vindeira, que pretende achegar os resultados de I+D dos Grupos de Investigación e os Centros Tecnolóxicos galegos ás empresas, co obxectivo de fortalecer a súa colaboración e pór a semente para a creación de novas empresas de base tecnolóxica e startups.
¿Quen pode participar?
O evento está aberto a todos os axentes relevantes do Sector TIC galego: Empresas, Grupos de Investigación e Centros Tecnolóxicos TIC así coma organismos e axentes afíns a estas entidades.
Somos un Grupo de Investigación pero no vamos a realizar presentación, ¿podemos asistir?
Por suposto, o evento constituirá unha plataforma única para achegar os resultados do grupo a empresas que poidan estar interesadas en colaborar nun futuro.
O formulario de rexistro non funciona, ¿qué podo facer?
Podes poñerte en contacto coa organización a través do formulario de contacto desta web, o formulario de contacto de Vindeira ou a nosa conta de Twitter.


