- Data: 26 de xuño de 2012
- Lugar: CITEXVI, Vigo (ver mapa)
- Promove: Axencia Galega de Innovación
- Organizan: Vindeira - Plataforma Tecnolóxica das TIC e GRADIANT
- Programa da xornada e presentacións
Descrición do evento
No contexto actual a transferencia de tecnoloxía cobra especial relevancia ao ser chave para rentabilizar ós investimentos en investigación, polo que é fundamental xuntar e dirixir esforzos para promover e potenciar as relacións Investigación-Empresa.
Nos últimos anos dende Europa véñense promovendo iniciativas estratéxicas ó redor de temas como envellecemento activo e saudable (EIP-AHA) e os ambientes intelixentes asistidos (AAL), entre outros, o que pon o foco na innovación sanitaria e está dando lugar a consorcios neste eido. Neste senso, a nivel rexional, cómpre destacar as sinerxias xurdidas no seo do Grupo de Fogar Dixital Asistencial de Vindeira, o que constata o enorme interese en materia de innovación sanitaria que ten o sector TIC galego.
Asimesmo, oportunidades de financiamento coma as que ofrecen o Fondo Tecnolóxico e FEDER-INNTERCONECTA ou plans de Innovación Sanitaria coma InnovaSaúde e H2050, motivan a organización dunha nova edición, neste caso monográfica, de Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT).
Obxectivos da xornada
- Promover a innovación a través da cooperación tecnolóxica e a explotación dos resultados de investigación.
- Ofrecer un punto de encontro que estimule e facilite a colaboración e a relación entre grupos de investigación e as empresas do sector TIC de Galicia.
- Coñecer o estado da oferta demanda tecnolóxica no sector TIC de Galicia, centrándose nas tecnoloxías médicas e asistenciais.
- Promover a creación de Empresas de Base Tecnolóxica a partires dos resultados de I+D das Universidades e Centros Tecnolóxicos galegos.
Participantes
Esta xornada pretende xuntar nun mesmo espazo aos investigadores que están desenvolvendo a súa actividade no eido das tecnoloxías médicas e asistenciais coas empresas que poden aplicar os resultados das súas sus investigacións a futuras propostas conxuntas en proxectos de innovación sanitaria. Por elo contarase con:
- Representantes das 3 Universidades galegas
- Representantes dos Centros Tecnolóxicos galegos do sector TIC
- Representantes das Agrupacións Estratéxicas TIC de Grupos de I+D
- Representantes de empresas galegas do sector TIC


