Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)

Segue as últimas novas sobre a xornada a través da conta de Twitter de @Vindeira e utiliza o hashtag #VindeiraTT para facernos chegar os teus comentarios.

Dispoñibles para consulta as presentación da xornada

Tra-la celebración da xornada, están dispñibles para a súa consulta as presentacións utilizadas por cada un dos relatores. Podedes consultalas tanto no apartado "Programa" como no apartado "Descargas" desta web.

Non queremos deixar pasar a oportunidade de agradecer a todos os participantes a súa presencia na xornada e agardamos contar con eles, e todos aqueles que o consideren de interese, nas próximas xornadas que se celebren xa que a iniciativa Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT) simplemente acaba de comezar.

 

Peche do rexistro: venres 20 de maio

Por razones de aforo nas sesións temáticas da tarde (Fogar do Futuro, Saúde, Software e Servizos en mobilidade) o rexistro de asistentes pecharase o vindeiro venres 20 de maio. Lembrade que todas as entidades interesadas en participar poden rexistrarse a través do formulario habilitado nesta web a tal efecto.

Por outro lado, informámosvos que as sesións temáticas da tarde partirán de 4 escenarios de traballo ben definidos, nos que as empresas, grupos de investigación e centros tecnolóxicos traballarán xuntos na definición de oportunidades empresariais (startups) nesos escenarios e en como materializar estas oportunidades. Lembrade que para participar nas sesións de tarde é preciso asistir á sesión de mañá.

Por último, actualizamos varias seccións da web:

  • Podedes consultar o programa actualizado no apartado "Programa"
  • No apartado "Evento" atoparedes información sobre cómo chegar ó edificio do CIS Galicia en Ferrol
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 2

I Xornada Vindeira Transferencia Tecnolóxica

Organizan

Vindeira - Plataforma Tecnolóxica das TICGRADIANTFundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia CIS Galicia

Colaboran

DXIDi SERGAS
UDC USC UVIGO CESGA CITIC

Copyright © 2012 Open Source Matters. Todos os dereitos reservados.
Joomla! é un software libre publicado baixo a licenza GNU/GPL.

Theme diseñado por Vindeira