Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC   Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Texto máis grande Texto máis pequeno Reiniciar tamaño de letra
  • Galego
  • Castellano
  • English
  
Inicio
A Plataforma
Como inscribirse
Grupos de traballo
Documentos
Sala de Prensa
Enlaces recomendados
Convocatorias
Calendario
Contacto
Buscar
Mapa web
Aviso legal
Acceso usuarios



Inicio

Elixidos os 8 proxectos e o book de ideas de proxecto que se presentarán no evento VCN
Venres, 25 Xuño 2010 15:38

Elixidos os 8 proxectos e o book de ideas de proxecto que se presentarán no evento VCNO pasado 22 de xuño tivo lugar a Xornada de selección de proxectos a presentar no I Encontro Vindeira Capital Network que organizan o Cluster TIC de Galicia e a Plataforma Tecnolóxica Galega do TIC Vindeira.

Os organizadores, agradecidos pola boa acollida da iniciativa (20 proxectos presentados), destacaron o esforzo dos emprendedores galegos así como a calidade dos proxectos presentados. Os criterios empregados polo Comité de Evaluacion de proxectos centráronse en identificar a adecuación dos proxectos ás características de proxecto esperadas polos investidores que asistirán ao evento.

Ler máis...
 
I Encontro Vindeira Capital Network
Luns, 21 Xuño 2010 16:22

I Encontro Vindeira Capital NetworkO Cluster TIC Galicia e Vindeira, dentro do proxecto [AEI] Cluster TIC – Vindeira, organizan o evento de Capital Risco TIC “I Encontro Vindeira Capital Network”, que terá lugar en Santiago os días 6 e 7 de xullo, e que ten por obxectivo fomentar estreitas relacións coas máis importantes entidades de Capital Risco en España dentro do sector das TIC.

Búscase por tanto dar a coñecer o tecido empresarial galego e atraer o interese de co-inversores potenciais co fin de poder completar roldas de financiamento de empresas tecnolóxicas locais ou de novos proxectos empresariais.

O encontro, ó que se prevé asistan unhas 50 entidades entre emprendedores e inversores, servirá coma punto de partida para pór en marcha o proceso de creación dunha estrutura de Capital Risco estable para o sector TIC galego.

 
Axudas por valor de 8M€ para empresas do sector TIC
Venres, 23 Abril 2010 22:27
Axudas por valor de 8M€ para empresas do sector TICA Secretaría Técnica asistiu á presentación das axudas da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, o xoves 22 de abril, no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela. Entre as axudas comentadas atopábanse dúas convocatorias destinadas ao sector empresarial TIC por un importe de 8M€, convocatorias que terán como obxectivo a empresa dixital e axudas específicas ao sector TIC.
Ler máis...
 
Nace a iniciativa público-privada para impulsar a Internet do Futuro
Martes, 30 Marzo 2010 13:33
Nace a iniciativa público-privada para impulsar a Internet do FuturoO pasado 12 de marzo tivo lugar en Niza o Constituency Event da iniciativa europea público-privada (PPP, Public-Private Partnership) de Internet do Futuro, iniciativa coa que Europa quere situarse na primeira liña mundial e liderar unha nova onda de innovación na economía de internet.

A Comisión Europea destinará un total de 300M€ para financiar proxectos na PPP de Internet do Futuro seguindo un esquema de 3 fases: creación da plataforma común e arquitectura básica dos pilotos; desenvolvemento de pilotos en 5 áreas de aplicación (contidos, saúde, transporte, enerxía e medio ambiente); proba de aplicacións, involucración de Pemes e desarrolladores.
Ler máis...
 
Vindeira participa no evento ICT4EE 2010 de Bruxelas
Mércores, 24 Marzo 2010 02:13
Vindeira participa no evento ICT4EE 2010 de BruxelasOs días 23 e 24 de febreiro, a Secretaría Técnica desprazouse até Bruxelas para asistir ao evento “ICT for Energy Efficiency 2010”, onde se deron cita os principais implicados en conseguir que as TIC se convertan no motor que impulse o progreso na transición a unha economía eficiente enerxéticamente e con baixas taxas de emisión de carbono.

Ao longo das dúas xornadas desenvolvéronse unha serie de conferencias, paneis e exhibicións sobre os últimos avances en Smart Metering, Smart Grids e todo tipo de solucións enerxéticamente eficientes.

Está dispoñible na web un resumo redactado pola Secretaría co máis relevante deste evento.
 
Vindeira participa no evento sobre clusters e innovación AT Clusters
Mércores, 24 Marzo 2010 02:04
Vindeira participa no evento sobre clusters e innovación AT ClustersNa conferencia, organizada polo IGAPE e que contou coa presenza de representantes de clusters nacionais e internacionais, a Secretaría Técnica destacou na súa presentación o marco de colaboración existente entre Vindeira e o Pôle Images et Résaux da Bretaña, rexión membro do proxecto AT Clusters.

Na presentación realizada por Vindeira informouse os presentes dos avances da plataforma en temas de cooperación internacional con outros clusters e centros de innovación.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>


 
Vindeira Capital Network

Vindeira Capital Network

Noticias membros
Axenda
Setembro 2010
L M M X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3
Sen eventos
Nº de membros - Grupos
TV dixital interactiva: 18
Tecn. inform. de base: 32
Tec. Fogar dixital: 21
Turismo: 20
Int. Multimodais: 12
TIC-Saúde: 27
Cloud Computing: 14
Mobilidade: 34
Novas UE TIC
Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e InnovaciónInnovación, Ciencia e TecnoloxíaPlataforma Tecnolóxica das TIC
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Copyright © 2010 Vindeira - Plataforma Tecnolóxica das TIC
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC