Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC   Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Texto máis grande Texto máis pequeno Reiniciar tamaño de letra
  • Galego
  • Castellano
  • English
  

Vindeira Capital Network

Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT)

Grupos - Nº de membros
Fogar Dixital: 27
TIC-Saúde: 39
Mobilidade: 34
Tecn. informáticas: 32
Tec. Inf. Xeográfica: 14
Turismo: 20
Smart Cities: 30
Acceso usuarios



De interese...



Inicio Sala de Prensa Noticias Membros O Cesga, a Universidade de Vigo e Aldaba desenvolven un sistema de firma electrónica cualificada

O Cesga, a Universidade de Vigo e Aldaba desenvolven un sistema de firma electrónica cualificada Imprimir Correo-e
Luns, 23 Febreiro 2009 18:07
O Cesga, a Universidade de Vigo e Aldaba desenvolven un sistema de firma electrónica cualificadaiSec situará Galiza no escenario internacional da seguridade informática

Un consorcio formado polo Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), o Grupo de Tecnoloxías da Información da Universidade de Vigo e a empresa Aldaba presentará nos próximos meses o proxecto iSec (Infraestrutura de Sinatura Electrónica Cualificada). Segundo estas entidades, o proxecto situará Galiza no escenario internacional da seguridade informática baseada na certificación dixital.

Esta investigación pretende levar ao plano electrónico os procesos e os aspectos legais da sinatura manuscrita, e estivo financiada polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio e a Consellaría de Innovación e Industria.

O novo software baseáse na tecnoloxía de Infraestrutura de Xestión de Privilexios e mais nunha Autoridade de Selado de Tempo que usa fontes como o GPS ou a rede de satélites Galileo. O desenvolvemento permite a súa fácil inclusión en aplicacións que necesitan control de autorización e no ámbito de xestión corporativo.

O proxecto iSec servirá de complemento ao DNI electrónico, que só permite a identificación da persoa asinante, mais non o seu cargo, autorización ou rol dentro dunha institución. Ademais, achega o selado de tempo como mecanismo de protección básico, para reflectir no proceso de sinatura a existencia dun documento nun instante concreto, dun xeito sinxelo e fiábel.

A solución proposta polo proxecto foi probada en varios casos prácticos de uso: asinar documentos onde o asinante teña un rol cualificado por unha entidade superior e que inclúa a data de sinatura de xeito fiábel, a sinatura cualificada de documentos en formato XML e o acceso seguro a servizos de computación xestionados pola organización á que pertence o usuario.

iSec presentarase nos próximos meses como produto comercial, cun primeiro destino nas administracións públicas e no mercado empresarial, para finalmente difundir o proceso de sinatura electrónica a toda a poboación.

Ler na web
 
 
GRADIANT, Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia    Axencia Galega de Innovación
Hosting by CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Copyright © 2013 Vindeira - Plataforma Tecnolóxica das TIC
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC