|
Proxecto de AGESTIC ACHEGA E INNOVA TIC aprobado e subvencionado por IGAPE |
|
|
|
Luns, 02 Febreiro 2009 18:03 |
O IGAPE aprobou o Proxecto de AGESTIC, APORTA E INNOVA TIC. Trátase dun proxecto para as empresas TIC que desexen mellorar en innovación da man dun Consultor Especializado.
AGESTIC, neste Proxecto, escolleu a proposta de SERVIGUIDE CONSULTORES, como empresa de recoñecido prestixio na elaboración deste tipo de proxectos e ferramentas.
A participación neste proxecto, NON TEN CUSTO ALGÚN para as empresas que decidan participar. Esta é unha gran oportunidade que teñen as Pemes para facer fronte á actual situación de crise mediante a determinación das necesidades que teñen, desde o punto de vista de innovación, así como a mellor maneira, e máis económica, de mellorar. Tamén lles permitirá estar preparadas para poder solicitar subvencións destinadas a I+D+i nas próximas convocatorias tanto da Administración Central como da Autonómica.
É importante sinalar que será fundamentalmente online para evitar, no posible, os desprazamentos dos interesados na súa realización.
O inicio do proxecto terá lugar o día 4 de febreiro, mediante unha xornada presencial en Santiago de Compostela, polos que en caso de estar interesados envíen a folla de inscrición cuberta mediante un correo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
ou fax (982
873 903) indicándoo co obxecto de determinar o número total de participantes.
Descargar díptico con toda a información do Proxecto (PPS, 232 KB).
Descargar inscrición (PDF, 150 KB).
Máis información en www.agestic.org.
Prazas dispoñibles limitadas por orde de recepción das solicitudes.
|