|
Bahía Software: Software Galego Sanitario en Infors@lud 2008 |
|
|
|
Mércores, 11 Xuño 2008 19:36 |
O 15, 16 e 17 de abril celebrouse o XI Congreso Nacional de Informática da Saúde Inforsalud2008. Como todos os años, alí expóñense as novedades e avances na informatización dos sistemas relacioados coa saúde a nivel español. Participan administracións públicas locais, nacionais e algún que outro invitado internacional, así como o máis representativo do sector privado.
As exposicións deste ano incidiron en destacar proxectos referentes á implantación da HCE, Historia Clínica Electrónica, os relacionados coa dixitalización da imaxen médica de varios servicios departamentais (Radioloxía, Anatomía Patolóxica, Dermatoloxía, Oftalmoloxía), a Receta Electrónica, Proxectos da Área de Saúde Pública, etc.
O software galego estivo fortemente representado coa asistencia de Responsables da Subdirección Xeral de Información de Servizos Tecnolóxicos do Servizo Galego de Saude, de personal de Centros Hospitalarios da Rede Galega, así como por parte de empresas locais (Ednon, Coremain, Bahía Software) que participan activamente no desenrolo do Plan Rede en Saúde.
Pola outra banda, das ponencias e comunicacións presentadas, unha das realizadas por personal do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, denominada:
"Modelo del proceso de prescripción-dispensación-administración de medicamentos en el Complejo Hospitalario Universitario Juan Canalejo" foi elexida e premiada polo comité cientfíco do Congreso, enhoraboa ao equipo que traballa fortemente na I+D+i das tecnoloxías aplicadas ao sector da saúde.
Leer noticia no blog |