Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC   Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Texto máis grande Texto máis pequeno Reiniciar tamaño de letra
  • Galego
  • Castellano
  • English
  

Vindeira Capital Network

Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT)

Grupos - Nº de membros
Fogar Dixital: 27
TIC-Saúde: 39
Mobilidade: 34
Tecn. informáticas: 32
Tec. Inf. Xeográfica: 14
Turismo: 20
Smart Cities: 30
Acceso usuarios



De interese...



Inicio Sala de Prensa Noticias Membros Vindeira e a tecnoloxía software galega preséntanse en sociedade nas xornadas "Living CMMi"

Vindeira e a tecnoloxía software galega preséntanse en sociedade nas xornadas "Living CMMi" Imprimir Correo-e
Venres, 23 Maio 2008 15:47
Vindeira e a tecnoloxía software galega preséntanse en sociedade nas xornadas "Living CMMi" O pasado 20 de Maio celebrouse en Madrid o evento nacional "Living CMMi 2008" patrocinado nesta edición polas empresas IBM, Computer Associates, Artemis e Visure e organizado por Sopra-Profit, partner en España do Software Engeneering Institute (máxima autoridade mundial en mellora do proceso software).



Entidades como Eads-Casa, Daimler-Mercedes ou RSI mostraron nos seus relatorios as súas experiencias na mellora de procesos en enxeñería de software segundo o modelo CMMi en contornas tan esixentes como o da construción aeronaútica, a automoción ou as contornas bancarias.

Enrique de Miguel Ilarri coordinador do grupo TIB de Vindeira, presentou na súa ponencia "Vindeira: orientación de 10 pemes tecnolóxicas galegas á excelencia software e a creación de software en rede baixo o modelo CMMi" a experiencia galega, pioneira como proxecto asociativo na contorna de "Small Settings" e que proximamente se presentará tamén no congreso europeo de referencia SEPG2008 en Munich. Preséntanse así en sociedade os resultados do proxecto que lideran as empresas galegas 2Mares, Aldaba, Altia, Bahia Software, Imaxin, Igalia, Lambdastream, Sat Data e Shylex mediante o consorcio que crearon desde a plataforma tecnolóxica galega Vindeira xunto ao IIT da USC e o Cesga (Centro de Supercomputación de Galicia).



O evento, ao que acudiron os principais actores españois da industria software, permite iniciar a difusión dos resultados do consorcio de empresas galegas do proxecto "Excelencia Software 2008" co que se pretende crear imaxe de marca das empresas galegas de desenvolvemento de software a nivel nacional e internacional, así como fomentar a creación da masa crítica de empresas galegas que poidan participar en grupo na xeración de produtos software tecnolóxicos e proxectos de I+D máis ambiciosos a nivel internacional.



Ler noticia no Blog
 
 
GRADIANT, Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia    Axencia Galega de Innovación
Hosting by CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Copyright © 2012 Vindeira - Plataforma Tecnolóxica das TIC
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC