Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC   Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Texto máis grande Texto máis pequeno Reiniciar tamaño de letra
  • Galego
  • Castellano
  • English
  

Vindeira Capital Network

Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT)

Grupos - Nº de membros
Fogar Dixital: 27
TIC-Saúde: 39
Mobilidade: 34
Tecn. informáticas: 32
Tec. Inf. Xeográfica: 14
Turismo: 20
Smart Cities: 30
Acceso usuarios



De interese...



Inicio Sala de Prensa A Comisión inicia un debate sobre a adquisición pública para a I+D

A Comisión inicia un debate sobre a adquisición pública para a I+D Imprimir Correo-e
Domingo, 06 Xaneiro 2008 02:07
A Comisión inicia un debate sobre a adquisición pública para a I+DA adquisición precomercial no ámbito da investigación e o desenvolvemento (I+D) está sendo infrautilizada, segundo a Comisión Europea. Unha nova comunicación publicada o 14 de decembro de 2007 pretende iniciar un debate sobre como fomentar un maior gasto público en I+D e no desenvolvemento da tecnoloxía.

Na etapa precomercial, cando un produto ou servizo aínda non está listo para saír ao mercado, o investimento é a clave dos grandes avances da investigación. Pero o investimento pode correr o risco de converterse en fondo perdido.

A Comisión está planeando fomentar a dotación do gasto público de I+D durante esta etapa co fin de fomentar a innovación en Europa. A proposta enfócase nas áreas de alta tecnoloxía, como as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), a asistencia sanitaria e o medicamento.

Un obstáculo importante é que os ciclos do gasto público adoitan funcionar nunha escala temporal moito menor que os ciclos da innovación tecnolóxica.

«Un uso intelixente do poder da adquisición pública podería ser unha gran forza para desenvolver solucións novas e innovadoras para retos existentes aos que se enfronta o sector público», manifestou o Comisario de Ciencia e Investigación da UE, Janez Potocnik.

«O sector público de Europa ten un poder adquisitivo enorme, pero ata agora non atopou un modo claro de conectar sólidamente as necesidades de investimento público a medio e longo prazo cos programas de investigación e desenvolvemento. Isto podería converterse nunha oportunidade perdida para Europa se non actuamos rapidamente», engadiu a Comisaria de Sociedade da Información e Medios de Comunicación, Viviane Reding. O uso do gasto público por parte da UE debe ser máis «proactivo e máis proinnovador», afirmou.

Europa está moi atrasada con respecto aos seus competidores máis importantes. En Estados Unidos, o sector público gasta 50.000 millóns de dólares (34.850 millóns de euros) anuais para a adquisición de I+D, o que é vinte veces máis que o gasto na UE. Isto pode ser equiparado coa metade da brecha que existe entre Estados Unidos e a UE no ámbito do investimento en investigación.

A diferenza no gasto de adquisición de I+D débese predominantemente ás disparidades que hai entre os orzamentos para a defensa e o espazo. No entanto, o gasto en ámbitos como a saúde, a enerxía, a educación, o transporte e o medio ambiente é aínda catro veces maior que na UE.

Este gasto baixo en Europa rexístrase a pesar de exemplos concretos de solucións innovadoras que xurdiron de adquisicións de I+D, como a tecnoloxía do Protocolo de Internet, o sistema de posicionamento global, a informática de alto rendemento e innovacións crave na tecnoloxía de semiconductores.

Na comunicación explícase que a adquisición precomercial difire e, á vez, complementa outros instrumentos de innovación, como as subvencións, os incentivos fiscais, o acceso ao financiamento e as iniciativas tecnolóxicas conxuntas.

O debate que segue a esta comunicación debería centrarse, en primeiro lugar, nas necesidades públicas a medio e longo prazo, que requiren o desenvolvemento de novas solucións tecnolóxicas. «As autoridades públicas correspondentes e a Comisión poderían entón avaliar o papel potencial das estratexias de adquisición precomercial para lograr os obxectivos políticos pertinentes», sinala a Comisión.

Baseándose no debate, a Comisión considerará propor unha serie de accións durante a segunda metade de 2008. Tal proposta trataría a adquisición precomercial en ámbitos de prioridade política. A Comisión podería tamén apoiar o establecemento de redes de contactos por temas (enerxía, medio ambiente, saúde, seguridade) na adquisición precomercial.

Ler noticia completa
 
 
GRADIANT, Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia    Axencia Galega de Innovación
Hosting by CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Copyright © 2012 Vindeira - Plataforma Tecnolóxica das TIC
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC