Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC   Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Texto máis grande Texto máis pequeno Reiniciar tamaño de letra
  • Galego
  • Castellano
  • English
  

Vindeira Capital Network

Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT)

Grupos - Nº de membros
Fogar Dixital: 27
TIC-Saúde: 39
Mobilidade: 34
Tecn. informáticas: 32
Tec. Inf. Xeográfica: 14
Turismo: 20
Smart Cities: 30
Acceso usuarios



De interese...



Inicio Sala de Prensa Nace a Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, promovida pola C. I.

Nace a Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, promovida pola C. I. Imprimir Correo-e
Xoves, 13 Decembro 2007 18:10
Nace a Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, promovida pola Consellaría de Innovación e IndustriaO conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presidiu o acto de sinatura da carta fundacional da Fundación e a súa primeira asemblea, na que se nomeou director do centro tecnolóxico a Fernando Pérez, catedrático da Universidade de Vigo.

O centro tecnolóxico, que levará o nome de Gradiant, terá forma xurídica de fundación privada de interese galego e terá como obxectivo contribuír ao fortelecemento da industria das telecomunicacións en Galiza a través de acadar a excelencia na investigación e no desenvolvemento tecnolóxico.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2007.- Os quince patróns e fundadores da Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) reuníronse esta mañá en Vigo para asinar en escritura pública ante notario a acta de constitución da fundación. Neste acto, creouse a fundación que rexerá o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, aceptáronse os seus estatutos así como o cargo de patróns e nomeouse o seu presidente, vicepresidente e secretario, cargos que serán ostentados respectivamente por Fernando Xabier Blanco Álvarez, conselleiro de Innovación e Industria; José Luis Fernández Carnero, director de estratexia de Televés, e Manuel Joaquín Reigosa Roger, vicerreitor de Investigación da Universidade de Vigo. Tras o acto de sinatura da carta fundacional, patróns e fundadores celebraron a primeira asemblea, na que se acordou o nomeamento do director xeral do Centro, cargo que ocupará o Catedrático da Universidade de Vigo, Fernando Pérez González.

Un centro que reúne a triple hélice

O conselleiro de Innovación e Industria destacou a importancia deste acto, por canto significa a consolidación do esforzo por unir a administración, organismos públicos de investigación e sector empresarial na procura dun obxectivo común: contribuír á mellora da competitividade do sector das telecomunicacións en Galiza a través do desenvolvemento tecnolóxico e a excelencia investigadora. Neste senso, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións é exemplar, dado que reúne ás tres universidades galegas, ás grandes operadoras galegas e internacionais (R, Telefónica, Tele2), ás máis importantes empresas de hardware e software (Televés, Arteixo Telecom, Egatel, Indra) e a asociacións de PEMES do sector (Ineo). Tamén forman parte do padroado Arantia 2012, Gsertel e Tredess.

O titular de Innovación e Industria e presidente de Gradiant informou de que o orzamento destinado á posta en marcha do centro ascende a 395.000 euros, dos que a iniciativa privada aporta a metade (197.500 euros), a Consellaría de Innovación e Industria (143.000 euros), e o resto, as tres niversidades galegas, e anunciou o compromiso do seu departamento de conseguir financiamento para o centro nestes primeiros anos de funcionamento. Segundo explicou o conselleiro nacionalista, os obxectivos de Gradiant son crear un polo tecnolóxico para o establecemento das empresas TIC, desenvolver o potencial investigador nas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, xerar novo coñecemento en formación e investigación punta e dispoñer de capital humano cualificado neste ámbito.

Por último, o conselleiro anunciou que no vindeiro mes de xaneiro haberá unha proposta para completar o equipo directivo do Centro, e concretaranse cuestións como a súa ubicación na Escola de Telecomunicacións do Campus vigués, antes de que pase a formar parte da Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI). Fernando Blanco manifestou ademais o interese de distintas empresas por sumarse á Fundación, como Intelsis, Eganet ou a Compañía de Radio Televisión de Galicia.

Pola súa banda, Fernando Pérez, director do centro, agradeceu a aposta pola I+D+I da Consellería de Innovación e Industria e a confianza depositada nel de todos os fundadores para dirixir o centro. Fernando Pérez é enxeñeiro de Telecomunicación, doutor en Enxeñería de Telecomunicación pola Escola de Vigo e catedrático do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións dende 2000, as súas áreas de investigación son o tratamento de sinais, as comunicacións dixitais e a seguridade da información multimedia. No seu currículum destaca a súa actividade no terreo da transferencia á industria: o grupo que dirixe é líder galego en facturación con empresas no eido das telecomunicacións. Dirixiu uns 30 proxectos con empresas nacionais i estranxeiras, ten dúas patentes europeas concedidas e dúas máis solicitadas e ten recibido varios premios pola súa actividade innovadora e de creación de spinoffs.

O director de Gradiant destacou a misión do centro de contribuír a elevar o nivel tecnolóxico do sector das telecomunicacións en Galiza, a través da I+D e o reto de acadar o máximo nivel na súa investigación científico-tecnolóxica, apostando pola excelencia, e buscando as sinerxías con grupos universitarios de calidade, tanto de dentro como de fóra de Galiza. Esta misión concrétase nunha serie de actividades, entre as que destaca especialmente a realización de proxectos de I+D, a coordinación da participación dos axentes galegos de telecomunicacións (empresas, administración e grupos investigadores) en proxectos dos planes de I+D nacionais i europeos e a representación da industria galega en foros de estandarización e regulación. Fernando Pérez fixou como obxectivo para os próximos 5 anos, que Gradiant conte con 50 investigadores, dos que se espera que un 30% sexan doutores.

Nota Gradiant de la Consellería de Industria
 
 
GRADIANT, Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia    Axencia Galega de Innovación
Hosting by CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Copyright © 2012 Vindeira - Plataforma Tecnolóxica das TIC
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC