Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC   Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Texto máis grande Texto máis pequeno Reiniciar tamaño de letra
  • Galego
  • Castellano
  • English
  

Vindeira Capital Network

Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT)

Grupos - Nº de membros
Fogar Dixital: 27
TIC-Saúde: 39
Mobilidade: 34
Tecn. informáticas: 32
Tec. Inf. Xeográfica: 14
Turismo: 20
Smart Cities: 30
Acceso usuarios



De interese...



Inicio Sala de Prensa Innova.- Encontro entre Investigadores universitarios buscarán investidores e socios para proxectos

Innova.- Encontro entre Investigadores universitarios buscarán investidores e socios para proxectos Imprimir Correo-e
Luns, 10 Decembro 2007 19:01
Innova.- Encontro entre Investigadores universitarios buscarán investidores e socios para proxectos Investigadores das universidades galegas presentarán case unha decena de proxectos no 'I Encontro entre investidores e emprendedores universitarios' que terá lugar o próximo 12 de decembro no Club Financeiro, no que buscarán financiamento e socios estratéxicos para levalos a cabo.

Trátase de nove proxectos, dos cales oito presentanse a través da empresa Concepto, especializada en materializar proxectos orixinados nos departamentos de investigación das diferentes universidades. A outra das iniciativas parte dun grupo de enxeñeiros asentados en Vigo e ten como finalidade a reutilización enerxética integral da biomasa forestal.

Os proxectos de Concepto van desde a realización de probas clínicas de tipo bioquímico e xenético; traballos de seguridade documental; a produción e comercialización de produtos lácteos; o procesado, simulación e análise dos sinais de Resonancia Magnética Nuclear; ata aplicacións de nanotecnoloxía. Todos eles cun importante contido tecnolóxico.

O responsable do Foro de Iniciativas e Negocios do Club Financeiro de Vigo, Pelayo Novoa, explicou que a finalidade deste encontro é promover a actividade emprendedora que nace nos departamentos de investigación das universidades. Así mesmo, afirmou que os proxectos que se presentarán requiren, como media, un investimento de 300.000 euros cada un.

O portavoz da empresa Concepto, Roberto Graña, destacou que Galicia lidera o ranking de comunidades que desenvolveron iniciativas empresariais a partir de investigacións das universidades. "O máis importante é que os científicos saiban que se poden materializar os seus anos de investigación", concluíu.

Ler noticia en Europapress.
 
 
GRADIANT, Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia    Axencia Galega de Innovación
Hosting by CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Copyright © 2012 Vindeira - Plataforma Tecnolóxica das TIC
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC