|
A Comisión propón un mercado único europeo das telecomunicacións para 500 millóns de consumidores |
|
|
|
Mércores, 21 Novembro 2007 22:46 |
A Comisión propón un mercado único europeo das telecomunicacións para 500 millóns de consumidores
A Comisión adoptou hoxe propostas destinadas a reformar as normas que regulan as telecomunicacións na UE. Con esta reforma a Comisión pretende que os cidadáns poidan beneficiarse, independentemente de onde vivan ou de onde viaxen na UE, duns servizos de comunicacións mellores e máis baratos, tanto se usan teléfonos móbiles, conexións rápidas a Internet de banda ancha ou televisión por cable.
Para logralo a Comisión propón reforzar os dereitos dos consumidores; darlles máis posibilidades de elección grazas a unha maior competencia entre os operadores de telecomunicacións; promover o investimento en novas estruturas de comunicacións, en particular liberando radiofrecuencias para servizos inalámbricos de banda ancha e facendo máis fiables e seguras as redes de comunicación, especialmente ante o perigo dos virus e outros ciberataques. Unha nova Autoridade Europea do Mercado das Telecomunicacións asistirá á Comisión e ás entidades reguladoras nacionais para garantir que a normativa do mercado e a dos consumidores aplíquense de forma coherente, independente e exenta de proteccionismo nos 27 Estados membros da UE. Para converterse en leis, as propostas da Comisión teñen agora que ser aprobadas polo Parlamento Europeo e o Consello de Ministros da UE.
Ler noticia completa (PDF, 100 KB).
|