|
Breves Vindeira - Semana 44, Ano 2011 |
|
|
|
Venres, 04 Novembro 2011 09:25 |
Publicación Convocatoria FEDER-INNTERCONECTA Galicia O pasado 3 de novembro publicouse no BOE a convocatoria do Programa FEDER-INNTERCONECTA para Galicia. Este programa de financiamento, en réxime de subvención, está destinado a proxectos integrados de desenvolvemento experimental, de carácter estratéxico e elevado nivel tecnolóxico, cun presuposto mínimo de 1.5M€ e unha duración de 3 anos. Ademáis, o consorcio participante debe contar coa participación relevante de al menos un organismo de investigación baixo subcontratación (participación mínima do 15% do presuposto financiable). As solicitudes poderán presentarse dende o 4 de novembro ata o 14 de decembro de 2011, a través da aplicación do CDTI.
Reunión Comité Executivo Vindeira
A vindeira semana reuniranse os integrantes do Comité Executivo da Plataforma para tratar, entre outros temas, a vindeira edición da iniciativa Vindeira Capital Network (VCN) que terá lugar no primeiro semestre de 2012.
Vindeira Capital Network (VCN)
Noticias de interese
Galicia
Europa
Artigos
Publicacións e Informes
|