Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC   Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Texto máis grande Texto máis pequeno Reiniciar tamaño de letra
  • Galego
  • Castellano
  • English
  

Vindeira Capital Network

Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT)

Grupos - Nº de membros
Fogar Dixital: 27
TIC-Saúde: 39
Mobilidade: 34
Tecn. informáticas: 32
Tec. Inf. Xeográfica: 14
Turismo: 20
Smart Cities: 30
Acceso usuarios



De interese...



Inicio Sala de Prensa Publicadas as bases xerais do Programa FEDER-INNTERCONECTA

Publicadas as bases xerais do Programa FEDER-INNTERCONECTA Imprimir Correo-e
Mércores, 22 Xuño 2011 13:04

Hoxe mércores publicáronse no BOE as bases xerais do Programa FEDER-INNTERCONECTA, programa do MICINN dentro da súa Estratexia Estatal de Innovación (e2i).

Tal e coma aparece reflectido nas bases, este tipo de axudas concederanse en forma de subvencións, as cales van dirixidas a financiar grandes proxectos integrados de I+D de carácter estratéxico, que teñen coma obxectivo o desenvolvemento de tecnoloxías novidosas en áreas tecnolóxicas de futuro con proxección económica e comercial a nivel internacional, e que supoñan un avance tecnolóxico e industrial relevante para as rexións destinatarias. Trátase de financiar proxectos empresariais que promovan a cooperación estable público-privada en I+D.

Requisitos do Programa:

  • Poderán ser beneficiarias agrupacións de empresas e agrupacións de interese económico (AIE).
  • As agrupacións deberán estar constituidas, como mínimo, por 3 empresas autónomas, das que alomenos unha debe ser grande ou mediana e outra unha PEME. No caso de que na agrupación non exista unha pequena empresa, deberá participar como mínimo unha baixo a modalidade de subcontratación.
  • O número máximo de empresas do consorcio será de 10.
  • Será necesaria a participación de alomenos un organismo de investigación, baixo a modalidade de subcontratación.
  • A subcontratación non poderá superar o 50% dos custes totais.
  • Os proxectos terán unha duración máxima de 3 anos.
  • A subvención máxima respectará os límites de intensidade máxima que, cos incrementos permitidos, poderá chegar a ser, no caso das grandes empresas, do 40% no caso de desenvolvemento experimental con colaboración entre empresas e do 65%, no caso de investigación industrial con colaboración entre empresas. Para as medianas empresas, estos porcentaxes poderán chegar a ser do 50% e 75% respectivamente, y para as pequenas empresas poderán chegar a ser do 60% e do 80%, respectivamente.

Lembrámosvos que estas son as bases xerais de todo o programa, as convocatorias autonómicas que deriven desta orde detallarán o presuposto mínimo dos proxectos e a subvención máxima, así coma as condicións particulares para cada rexión de converxencia e abrirán os prazos de presentación de solicitudes para cada rexión.

Attachments:
Download this file ([Bases INNTERCONECTA] BOE-A-2011-10854.pdf)Bases Generales Programa FEDER-INNTERCONECTA[BOE oficial con las bases generales del Programa FEDER-INNTERCONECTA del MICINN]254 Kb
 
 
GRADIANT, Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia    Axencia Galega de Innovación
Hosting by CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Copyright © 2012 Vindeira - Plataforma Tecnolóxica das TIC
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC