|
Breves Vindeira, Semana 24, Ano 2011 |
|
|
|
Venres, 17 Xuño 2011 13:40 |
Lembrámosvos que este luns 20 de xuño finaliza o prazo de presentación de proxectos á ronda de selección para participar no II Encontro Vindeira Capital Network. Os emprendedores interesados poderán realizar a súa inscrición a través do formulario dispoñible na web oficial do encontro. O vindeiro mércoles 22 de xuño terá lugar a xuntanza do Comité de Selección de Proxectos para elixir aqueles que serán presentados ós investidores directamente polos seus promotores, os cales recibirán unha titorización personalizada nunha Venture Academy que tenrá lugar en Santiago o 29 de xuño. Para esta edición do encontro xa confirmaron a súa presenza 20 das principais entidades de Capital Risco e Business Angels a nivel nacional e galego que inviten no sector TIC.
Vindeira Capital Network (VCN)
Novas de interese
Galicia
España
Europa
Artigos
Publicacións e informes
|