|
I Xornada Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT) |
|
|
|
Venres, 29 Abril 2011 12:07 |
|
Vindeira, en colaboración coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, organiza a “I Xornada Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT)” que terá lugar o martes 24 de maio no CIS Deseño e Tecnoloxía de Ferrol. A xornada ten coma obxectivo promover a transferencia tecnolóxica, ofrecendo un punto de encontro que posibilite as relacións entre os axentes de investigación e as empresas e permita coñecer o estado da oferta e da demanda tecnolóxica no sector TIC galego.
Neste encontro presentaránse as capacidades tecnolóxicas do sector TIC das tres Universidades galegas e dos Centros Tecnolóxicos TIC de Galicia e, a continuación, presentaránse propostas empresariais, promovidas por Vindeira, en torno a temáticas de interese. Borrador de axenda
A vindeira semana habilitaráse un mini-site sobre o evento no que estará dispoñible para todos os membros de Vindeira unha zona para rexistro.
|