Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC   Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Texto máis grande Texto máis pequeno Reiniciar tamaño de letra
  • Galego
  • Castellano
  • English
  

Vindeira Capital Network

Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT)

Grupos - Nº de membros
Fogar Dixital: 27
TIC-Saúde: 39
Mobilidade: 34
Tecn. informáticas: 32
Tec. Inf. Xeográfica: 14
Turismo: 20
Smart Cities: 30
Acceso usuarios



De interese...



Inicio Sala de Prensa I Xornada Empresarial de Brokerage Tecnolóxico [AEI] Cluster TIC Galicia – Vindeira

I Xornada Empresarial de Brokerage Tecnolóxico [AEI] Cluster TIC Galicia – Vindeira Imprimir Correo-e
Mércores, 23 Marzo 2011 13:27

O Clúster TIC de Galicia e a Plataforma Tecnolóxica Vindeira organizan a “I Xornada Empresarial de Brokerage Tecnolóxico [AEI] Cluster TIC Galicia – Vindeira”, que terá lugar o serán do venres 25 de marzo no Hotel NH Obradoiro de Santiago de Compostela.

Este evento organízase no marco da recentemente constituida Agrupación Empresarial Innovadora “[AEI] Cluster TIC Galicia – Vindeira”, acreditación que outorga o Ministerio de Industria, Turismo y Comercio ás entidades que combinan, nun espazo xeográfico o sector productivo concreto, empresas, centros de formación, unidades de investigación públicas ou privadas, e outros axentes públicos ou privados, integrados en procesos de cooperación que lles permita executar proxectos conxuntos de carácter innovador e alcanzar unha masa crítica tal, que permita asegurar a súa competitividade e visibilidade internacionais. Neste senso, a “[AEI] Cluster TIC Galicia – Vindeira” busca favorecer a mellora da competitividade das empresas galegas do Sector TIC, fundamentalmente a través da I+D+i, e considera estratéxico establecer alianzas con outros axentes nacionais e internacionais deste sector.

O obxectivo desta xornada é fomentar o coñecemento de estructuras semellantes, AEIs ou clústers a nivel nacional e internacional, e sobre todo facilitar a detección de sparceiros potenciais para proxectos de grande alcance e intensivos en I+D+i, varios dos cales, en torno ás temáticas de mobilidade e fogar dixital, comentaranse durante esta xornada, na que ademáis tenrán cabida outras temáticas coma Cloud Computing, e-Health e SIX (Sistemas de Información Xeográfica).

O formato del evento consistirá nunha breve presentación das entidades participantes (entre as que se atopan a AEI TICBiomed, o Cluster TIC Asturias, a Cámara de Comercio de Israel e o Cluster Audiovisual de Galicia), unha presentación dos proyectos que se están a por en marcha e concluirá cuhna cea de networking.

Programa da xornada

 
 
GRADIANT, Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia    Axencia Galega de Innovación
Hosting by CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Copyright © 2012 Vindeira - Plataforma Tecnolóxica das TIC
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC