Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC   Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Texto máis grande Texto máis pequeno Reiniciar tamaño de letra
  • Galego
  • Castellano
  • English
  

Vindeira Capital Network

Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT)

Grupos - Nº de membros
Fogar Dixital: 27
TIC-Saúde: 39
Mobilidade: 34
Tecn. informáticas: 32
Tec. Inf. Xeográfica: 14
Turismo: 20
Smart Cities: 30
Acceso usuarios



De interese...



Inicio Sala de Prensa Nace a Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento

Nace a Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento Imprimir Correo-e
Luns, 11 Decembro 2006 10:19
O seguinte contido non está dispoñible en galego. Sentimos as molestias.

Empresas, universidades, entidades financeiras e Xunta constitúen a Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento o luns día 11 de decembro. PSA Peugeot-Citroën, Inditex, Unión Fenosa, Coren, Pescanova, Fadesa e Finsa forman parte do padroado xunto coas tres universidades galegas, Banco Pastor, Caixanova, Caixa Galicia e o Goberno autonómico.

A Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento celebra o luns a súa constitución formal coa participación dun grupo de empresas líderes, as tres universidades galegas, as dúas caixas de aforro, o Banco Pastor e a Xunta de Galicia. Baixo a presidencia do Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, os membros fundadores da Fundación asinarán as escrituras e estatutos da mesma e celebrarán a primeira reunión do padroado, no que tamén participa a Consellería de Economía e Facenda que dirixe José Ramón Fernández Antonio.

A Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento é unha iniciativa que persegue actuar como plataforma de cooperación para o impulso de estratexias que poñan en valor o potencial do capital intelectual, tecnolóxico e empresarial existente en Galicia. O obxectivo último da iniciativa promovida polo Presidente galego e desenvolvida pola Consellería de Economía e Facenda, é o de contribuir a acadar unha economía baseada no coñecemento como estratexia para consolidar un crecemento económico rápido, sólido e sostido o tempo. O acto celebrarase no Pazo de Raxoi en Santiago coa participación dos representantes de Caixa Galicia, Caixanova, Banco Pastor, PSA Peugeot Citroën, Inditex, Unión Fenosa, Coren, Pescanova, Finsa, Fadesa, e as universidades de Santiago, Vigo e A Coruña.

A Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento (FSC) ten por obxecto a promoción e coordinación de actividades para o impulso da estratexia de cooperación no tecido empresarial, investigador e institucional galego. A Fundación actuará en diversos ámbitos co fin de multiplicar os beneficios da sociedade da información e o coñecemento no conxunto da economía e sociedade galegas. A estratexia do Goberno galego, neste sentido, persegue impulsar a internacionalización das empresas, a captación de investimentos cara a Galicia, e o impulso da cooperación, favorecendo a competitividade das empresas nos distintos mercados a partir da innovación, o desenvolvemento tecnolóxico e a excelencia.

Entres as actividades que realizará a FSC figura a organización de conferencias, simposios, e xornadas; o desenvolvemento de convenios de colaboración con institucións e organismos; e a divulgación de traballos e estudos relacionados cos seus fins. Tamén actuará no ámbito da difusión da cultura do emprendemento, da captación de proxectos, e do impulso do investimento empresarial en desenvolvemento tecnolóxico e innovación.

Fonte: Xunta de Galicia

 
 
GRADIANT, Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia    Axencia Galega de Innovación
Hosting by CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Copyright © 2012 Vindeira - Plataforma Tecnolóxica das TIC
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC