|
I Edición dos premios INNOVA-G 2010 |
|
|
|
Martes, 14 Setembro 2010 11:46 |
|
A Asociación Galega de Empresas TIC, AGESTIC, promove a I Edición dos Premios INNOVA-G 2010, destinados ás PEMES galegas que están aplicando e desenvolvendo técnicas, metodoloxías, ferramentas e boas prácticas nos eidos da innovación e a competitividade, incorporando ó modelo de negocio tradicional o modelo dixital 2.0.
As empresas interesadas poderán presentar a súa candidatura ata o próximo 8 de outubro para optar ós 2 premios que se concederán por categoría cos votos dos internautas e un xurado especializado.
As 11 categorías ás que se poden presentar as empresas interesadas son:
- Mellor idea de negocio 2.0: premio á mellor Start-up galega.
- Mellor emprendedor/a galego/a 2.0
- Mellor campaña social media
- Mellor iniciativa de apoio á innovación
- Mellor desenvolvemento 2.0
- Mellor aplicación para dispositivos móbiles
- Mellor solución tecnolóxica móbil
- Mellor deseño para todos
- Mellor desenvolvemento centrado nos cidadáns
- Mellor desenvolvemento de RSE
- Mellor desenvolvemento audiovisual en Internet
Os premios están cofinanciados polo IGAPE - Xunta de Galicia Consellería de Economía e Industria, e coa colaboración institucional da Xunta de Galicia - Dirección Xeral de Promoción e Emprego e a Universidade de Vigo - Escola Superior Enxeñería Informática Ourense
|