Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC   Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Texto máis grande Texto máis pequeno Reiniciar tamaño de letra
  • Galego
  • Castellano
  • English
  

Vindeira Capital Network

Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT)

Grupos - Nº de membros
Fogar Dixital: 27
TIC-Saúde: 39
Mobilidade: 34
Tecn. informáticas: 32
Tec. Inf. Xeográfica: 14
Turismo: 20
Smart Cities: 16
Acceso usuarios



De interese...



Inicio Sala de Prensa Elixidos os 8 proxectos e o book de ideas de proxecto que se presentarán no evento VCN

Elixidos os 8 proxectos e o book de ideas de proxecto que se presentarán no evento VCN Imprimir Correo-e
Venres, 25 Xuño 2010 15:38

Elixidos os 8 proxectos e o book de ideas de proxecto que se presentarán no evento VCNO pasado 22 de xuño tivo lugar a Xornada de selección de proxectos a presentar no I Encontro Vindeira Capital Network que organizan o Cluster TIC de Galicia e a Plataforma Tecnolóxica Galega do TIC Vindeira.

Os organizadores, agradecidos pola boa acollida da iniciativa (20 proxectos presentados), destacaron o esforzo dos emprendedores galegos así como a calidade dos proxectos presentados. Os criterios empregados polo Comité de Evaluacion de proxectos centráronse en identificar a adecuación dos proxectos ás características de proxecto esperadas polos investidores que asistirán ao evento.

En base a ésto, o Comité de Avaliación decidiu finalmente ampliar de 6 a 8 o número de ideas a presentar directamente polos seus promotores no evento, abrindo ademais a outro grupo de proxectos a posibilidade de ser presentados aos investidores a través dun book e unha presentación rápida a cargo de Vindeira.

Así mesmo, cabe destacar que desde o Grupo de Traballo de Emprendedores crearase un foro do que todos os emprendedores galegos poderán formar parte co fin de facilitar o desenvolvemento dos proxectos empresariais TIC en Galicia.

O vindeiro luns lanzarase a páxina web do evento e habilitarase unha canle en Twitter desde os que se poderán seguir puntualmente todos os detalles do I Encontro Vindeira Capital Network.

 
 
GRADIANT, Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia    Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación
Hosting by CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Copyright © 2012 Vindeira - Plataforma Tecnolóxica das TIC
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC