|
Nace a iniciativa público-privada para impulsar a Internet do Futuro |
|
|
|
Martes, 30 Marzo 2010 13:33 |
O pasado 12 de marzo tivo lugar en Niza o Constituency Event da iniciativa europea público-privada (PPP, Public-Private Partnership) de Internet do Futuro, iniciativa coa que Europa quere situarse na primeira liña mundial e liderar unha nova onda de innovación na economía de internet.
A Comisión Europea destinará un total de 300M€ para financiar proxectos na PPP de Internet do Futuro seguindo un esquema de 3 fases: creación da plataforma común e arquitectura básica dos pilotos; desenvolvemento de pilotos en 5 áreas de aplicación (contidos, saúde, transporte, enerxía e medio ambiente); proba de aplicacións, involucración de Pemes e desarrolladores.
A PPP de Internet do Futuro lanzarase oficialmente o próximo 13 de abril en Valencia, dentro da Conferencia "From Recovery to Sustainability".
Ver evento “From Recovery to Sustainability“
Artigo orixinal: enlace
|