|
Tarxetas SIM intelixentes: menor tamaño fronte a maior velocidade, memoria e funcións |
|
|
|
Xoves, 11 Marzo 2010 00:55 |
Gañan prestacións para converterse en moedeiro virtual e punto de acceso Wi-Fi, melloran en velocidade de transmisión entre a tarxeta e o terminal, grazas ao soporte de USB 2.0, e aumentan a súa capacidade de memoria, que pasa de kilobytes a megabytes. Ademais, aumentan de seis a oito contactos, habilitando nos dous novos o USB 2.0 e o protocolo Near Field Communications (NFC), que converte a propia tarxeta no elemento de seguridade e autenticación de calquera transacción.
As novas SIM teñen capacidade para procesar programas e aplicacións polo que servizos como o RCS (Rich Communication Suite) transmítense directamente á tarxeta. Ademais, tamén se converten nun router inalámbrico (Wi-Fi), de maneira que diversos dispositivos poderán conectarse á Rede sen instalar ningún software e compartir esa conexión inalámbrica con outros aparellos próximos, sempre que teñan habilitado o porto inalámbrico
Máis información: http://www.madrimasd.org/informacionidi/noticias/noticia.asp?id=42951
|