Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC   Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Texto máis grande Texto máis pequeno Reiniciar tamaño de letra
  • Galego
  • Castellano
  • English
  

Vindeira Capital Network

Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT)

Grupos - Nº de membros
Fogar Dixital: 27
TIC-Saúde: 39
Mobilidade: 34
Tecn. informáticas: 32
Tec. Inf. Xeográfica: 14
Turismo: 20
Smart Cities: 30
Acceso usuarios



De interese...



Inicio Sala de Prensa Programadores españois desenvolven un escritorio web na nube, eyeOS

Programadores españois desenvolven un escritorio web na nube, eyeOS Imprimir Correo-e
Martes, 02 Febreiro 2010 01:48
Programadores españois desenvolven un escritorio web na nube, eyeOSeyeOS destaca pola súa sinxeleza xa que co sistema e un navegador, e sen instalar nada máis, téñense as principais aplicacións de ofimática, como un procesador de texto e unha folla de cálculo, ademais de ferramentas de comunicación, como o correo electrónico. Unha das novidades máis destacadas é a do traballo colaborativo. Ademais de poder acceder a un documento desde calquera lugar, a edición pódese facer por diferentes persoas á vez.

EyeOS é unha plataforma de software libre. Por iso, calquera outro programador pode engadir novos programas ao sistema. Ten versións específicas para escolas, administracións e empresas. Aínda que o código fonte xa está accesible para os programadores, a versión para usuario estará dispoñible nunhas semanas, e gratis.

Detrás deste proxecto atópanse tanto institucións públicas, entre as que que se atopan a Generalitat de Cataluña ou o CESGA, como privadas, con Telefónica como última incorporación.

Máis información: www.madridmasd.org y eyeos.org.
 
 
GRADIANT, Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia    Axencia Galega de Innovación
Hosting by CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Copyright © 2012 Vindeira - Plataforma Tecnolóxica das TIC
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC