|
Vindeira presenta o proxecto INNATE á convocatoria RoK (FP7) |
|
|
|
Luns, 18 Xaneiro 2010 17:57 |
O pasado 14 de xaneiro, Vindeira presentou o proxecto INNATE (Innovation for New Assistive Technology Enterprise) á convocatoria de Rexións do Coñecemento (RoK).
O proxecto, centrado en Tecnoloxías Asistivas (TAs), e no que participan outro catro clusters rexionais innovadores (West Midlands, Brittany, Scheldemond e East Finland), levará a cabo as seguintes accións:
- A análise de situación das TAs nas distintas rexións
- A elaboración dunha guía de mellores prácticas orientadas a incluír ao usuario final no proceso de desenvolvemento dos produtos e servizos en TAs
- A análise de novos modelos de negocio dentro do campo das TAs
- A recomendación de iniciativas encamiñadas a promover as compras públicas en materia de TA
- A xeración dun Plan de Acción Conxunto (Joint Action Plan) en materia de TA
O proxecto, cunha duración prevista de 36 meses, mobilizará un orzamento de 2,2M€.
|