|
Reunión do Consello das Telecomunicacións europeo: o dividendo dixital |
|
|
|
Venres, 15 Xaneiro 2010 04:33 |
O Consello de Telecomunicacións europeo na súa reunión do pasado 18 de decembro remarcó o feito de que o espectro de radiofrecuencias é un recurso escaso que necesita ser usado de forma eficiente, así como a importancia de aproveitar o dividendo dixital como unha oportunidade para prover ás áreas rurais de servizos de banda ancha e alta velocidade.
O pasado 18 de decembro reuniuse en Budapest o Consello das Telecomunicacións para tratar, entre outros temas, a estratexia posterior á actual i2010, o dividendo dixital e a necesidade dun achegamento colaborativo europeo á seguridade da rede e a información.
Con respecto á estratexia posterior á i2010, decidiuse abordar esta nova axenda na primavera de 2010, baixo a presidencia española da UE. Esta axenda conterá puntos crave tales como a importancia de manter o carácter aberto, descentralizado e dinámico de Internet así como o acceso universal á mesma como medio de reforzar unha sociedade baseada no coñecemento, e o desenvolvemento de medios de identificación electrónica que garantan a protección de datos e o respecto á privacidade dos cidadáns.
Así mesmo, convidouse aos estados membros a contribuír no desenvolvemento dunha política común Europea con respecto á coordinación do espectro de radiofrecuencias con outros países.
|