Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC   Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Texto máis grande Texto máis pequeno Reiniciar tamaño de letra
  • Galego
  • Castellano
  • English
  

Vindeira Capital Network

Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT)

Grupos - Nº de membros
Fogar Dixital: 27
TIC-Saúde: 39
Mobilidade: 34
Tecn. informáticas: 32
Tec. Inf. Xeográfica: 14
Turismo: 20
Smart Cities: 30
Acceso usuarios



De interese...



Inicio Sala de Prensa Creación da comunidade "ICT Labs" do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía

Creación da comunidade "ICT Labs" do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía Imprimir Correo-e
Venres, 15 Xaneiro 2010 04:29
Creación da comunidade "ICT Labs" do Instituto Europeo de Innovación e TecnoloxíaA comunidade "ICT Labs" buscará a transformación radical de Europa cara a unha sociedade baseada no coñecemento a través da proliferación de servizos sobre internet.

No seu nacemento, a comunidade "ICT Labs" conta con cinco centros, en Berlín, Eindhoven, Helsinqui, Paris e Estocolmo, convertendo este cinco clusters e os seus centros asociados en puntos importantes a ter en conta dentro dos procesos de innovación.

O pasado 16 de decembro, o Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) anunciou a creación tres primeiras Comunidades de Coñecemento e Innovación (KCI), que reúnen a excelencia do ensino superior, a investigación e a empresa. En concreto, unha destas KCI céntrase na futura sociedade da información e a comunicación, ademais, a KCI comprometerase cun modelo de innovación aberta e eficiente, xerando unha rápida transformación de ideas e tecnoloxías TIC en produtos reais, servizos e negocios, elevando a futura competitividade de Europa en todos os sectores da sociedade.

Coa creación destas comunidades, o EIT achégase ao obxectivo de converterse nun modelo para impulsar a innovación en Europa e contribuír así a alcanzar os obxectivos da futura estratexia da UE en 2020.

Ler noticia en madrimasd.org
 
 
GRADIANT, Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia    Axencia Galega de Innovación
Hosting by CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Copyright © 2013 Vindeira - Plataforma Tecnolóxica das TIC
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC