|
Asistencia de Vindeira ao evento "ICT for Sustainable Homes" |
|
|
|
Martes, 22 Decembro 2009 04:15 |
A Secretaría Técnica de Vindeira desprazouse os días 16 e 17 de novembro até a cidade de Niza para asistir á primeira edición do evento "ICT for Sustainable Homes", onde se discutiron os últimos avances en TIC aplicados ao consumo enerxético e sustentabilidade no fogar. Así, comentáronse as distintas iniciativas, de ámbito europeo e internacional, que pretenden sentar as bases do control enerxético tanto residencial como industrial, desenvolvendo ferramentas que inflúan no modo de traballo de todos os axentes que interveñen na produción e consumo de enerxía.
A principal conclusión á que chegaron todos os participantes do evento foi a necesidade de definir unha serie de estándares de base para o desenvolvemento de tecnoloxías de monitorización e control da enerxía a nivel doméstico, tanto no ámbito de comunicación de dispositivos como interconexión de electrodomésticos básicos a través de adaptadores de rede.
Con todos los datos recopilados no evento, a Secretaría Técnica realizou un un informe no que se pode atopar información sobre os principais proxectos, iniciativas e posibles estándares a ter en conta (PDF, 1,72 MB).
|