|
Vindeira na xornada de presentación do "ICT Working Group" en Bruxelas |
|
|
|
Martes, 22 Decembro 2009 03:42 |
O pasado 9 de decembro, a Secretaría Técnica de Vindeira asistiu á presentación do "ICT Working Group" en Bruxelas, onde se deron a coñecer distintas iniciativas, convocatorias e eventos de interese para o ano próximo. Así, realizouse unha presentación sobre a rede europea de Living Labs, na cal se comentou como novo enfoque a idea da Cidade Intelixente, prestando atención aos campos da saúde, media, servizos e enerxía. Doutra banda, falouse tamén das asociacións públicas-privadas (PPP) na Internet do Futuro, detallando os obxectivos a cumprir neste campo no próximo ano. Por último, presentáronse as temáticas do Call 4 do programa CIP, que abrirá a súa convocatoria a mediados de xaneiro.
Descargar presentación Internet do futuro (PDF, 3,65 MB)
Descargar presentación Programa CIP (PDF, 360 KB)
|