Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC   Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Texto máis grande Texto máis pequeno Reiniciar tamaño de letra
  • Galego
  • Castellano
  • English
  

Vindeira Capital Network

Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT)

Grupos - Nº de membros
Fogar Dixital: 27
TIC-Saúde: 39
Mobilidade: 34
Tecn. informáticas: 32
Tec. Inf. Xeográfica: 14
Turismo: 20
Smart Cities: 30
Acceso usuarios



De interese...



Inicio Sala de Prensa Presentación de resultados do proxecto de investigación “SeaMAX”

Presentación de resultados do proxecto de investigación “SeaMAX” Imprimir Correo-e
Luns, 05 Outubro 2009 17:10
Novas posibilidades para dispor de banda ancha en entornos marítimos.

Presentación de resultados do proxecto de investigación “SeaMAX”
O vindeiro martes día 6 de Outubro de 2009 terá lugar a presentación de resultados do proxecto "SeaMAX – Comunicación inarámicas en entornos marítimos costeiros", que se celebrará no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación de Vigo. Este proxecto de innovación, desenvolvido íntegramente por empresas, universidades e centros de investigación galegos, trata de resolver os problemas de comunicacións aos que se enfrentan diariamente os barcos de baixura e altura.

Esta tecnoloxía permite a transmisión de datos a grandes distancias mediante o emprego de estacións base repartidas ao longo de toda a costa. Os resultados do proxecto permitirán a prestacións de servizos avanzados aos usuarios do sistema tales como aceso a internet, banda ancha móbil, videovixiancia ou monitorización de equipos embarcados.

Descargar tríptico do proxecto (PDF, 382 KB)

O proxecto contou con financiación pública por parte da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, dependente da Consellería de Economía e Industria.

O Proxecto SeaMax xorde no seo da Plataforma Tecnolóxica das TIC VINDEIRA, aglutinando a cinco participantes do grupo de traballo Tecnoloxías Radio da devandita plataforma: dúas empresas (Quobis Networks SL e Wireless Galicia SL), dous grupos de investigación (Grupo TC-1 da Universidade de Vigo e Grupo GTEC da Universidade da Coruña) e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG).

O proxecto está liderado pola enxeñería galega Quobis Networks en colaboración coa empresa Wireless Galicia, o Instituto Tecnolóxico de Galicia e as Universidades de Vigo e a A Coruña. O proxecto, de tres anos de duración, ten como obxectivo a investigación na aplicación das tecnoloxías de comunicacións sen fíos aos entornos marítimos costeiros, especialmente coa tecnoloxía WiMAX.

A finalidade do evento é dar a coñecer os resultados do proxecto e establecer liñas de colaboración con empresas e entidades interesadas na aplicación destas solucións, tales coma lonxas, clubes náuticos, xestores de plataformas de acuicultura, etc..., contribuindo asó ao desenvolvimento das Novas Tecnoloxías na nosa Comunidade.

WorkShop “SeaMAX – Comunicacións Marítimas”
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación
Campus Lagoas Marcosende, s/n - Salón de Actos
Martes, 6 de Outubro de 2009 – 10:30h
Máis información: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

O evento é de asistencia gratuita, previa inscrición na páxina web do proxecto www.seamaxproject.com.
 
 
GRADIANT, Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia    Axencia Galega de Innovación
Hosting by CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Copyright © 2012 Vindeira - Plataforma Tecnolóxica das TIC
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC