Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC   Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Texto máis grande Texto máis pequeno Reiniciar tamaño de letra
  • Galego
  • Castellano
  • English
  

Vindeira Capital Network

Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT)

Grupos - Nº de membros
Fogar Dixital: 27
TIC-Saúde: 39
Mobilidade: 34
Tecn. informáticas: 32
Tec. Inf. Xeográfica: 14
Turismo: 20
Smart Cities: 30
Acceso usuarios



De interese...



Inicio Sala de Prensa Presentación de Neurona en Europa

Presentación de Neurona en Europa Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Decembro 2008 17:11
Presentación de Neurona en EuropaO pasado día 3 de decembro a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, presentou oficialmente en Bruxelas a Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas Neurona ante os principais organismos públicos e axentes europeos relacionados coa Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

Na presentación, o Director Xeral de I+D+i, Salustiano Mato de la Iglesia estivo acompañado por representantes da Plataforma TIC Vindeira (presidida por Antonio Rodríguez del Curral), Agroalimentaria (co seu vicepresidente Lorenzo Pastrana) e de Biotecnoloxía (representada por María Isabel Louza). Durante a presentación de Salustiano Mato ante o director xeral de Investigación e Desenvolvemento da Comisión Europea, Xosé Manuel Silva, explicou que o obxectivo de Neurona é "aumentar a capacidade innovadora de Galicia, transformando o coñecemento científico en valor económico engadido" e situar a nosa comunidade nunha boa situación para beneficiarse dos plans da UE para investir na recuperación da economía europea.

Neurona agrupa actualmente a 17 Plataformas Tecnolóxicas estratéxicas que mobilizan 81 millóns de euros en proxectos.

Os representantes das tres Plataformas explicaron que seguindo as Axendas Estratéxicas de Investigación redactadas por cada organismo están a crearse grupos de traballo con empresas, universidades e centros tecnolóxicos.

Durante a Xornada o presidente de Vindeira, Antonio Rodríguez del Corral realizou unha presentación sobre a actividade de Vindeira (PPT, 599 KB).

Vídeo "A Consellería de Innovación presenta a rede 'Neurona' en Bruxelas" (TVG Telexornal Mediodía, 3.12.2008, 14:49).

Descargar dossier de noticias (PDF, 705 KB).
 
 
GRADIANT, Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia    Axencia Galega de Innovación
Hosting by CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Copyright © 2012 Vindeira - Plataforma Tecnolóxica das TIC
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC