|
Vindeira e a tecnoloxía software galega preséntanse en sociedade nas xornadas "Living CMMi" |
|
|
|
Luns, 26 Maio 2008 14:15 |
O pasado 20 de Maio celebrouse en Madrid o evento nacional "Living CMMi 2008" patrocinado nesta edición polas empresas IBM, Computer Associates, Artemis e Visure e organizado por Sopra-Profit, partner en España do Software Engeneering Institute (máxima autoridade mundial en mellora do proceso software).
Entidades como Eads-Casa, Daimler-Mercedes ou RSI mostraron nos seus relatorios as súas experiencias na mellora de procesos en enxeñería de software segundo o modelo CMMi en contornas tan esixentes como o da construción aeronaútica, a automoción ou as contornas bancarias.
Enrique de Miguel Ilarri coordinador do grupo TIB de Vindeira, presentou na súa ponencia "Vindeira: orientación de 10 pemes tecnolóxicas galegas á excelencia software e a creación de software en rede baixo o modelo CMMi" a experiencia galega, pioneira como proxecto asociativo na contorna de "Small Settings" e que proximamente se presentará tamén no congreso europeo de referencia SEPG2008 en Munich. Preséntanse así en sociedade os resultados do proxecto que lideran as empresas galegas 2Mares, Aldaba, Altia, Bahia Software, Imaxin, Igalia, Lambdastream, Sat Data e Shylex mediante o consorcio que crearon desde a plataforma tecnolóxica galega Vindeira xunto ao IIT da USC e o Cesga (Centro de Supercomputación de Galicia).
O evento, ao que acudiron os principais actores españois da industria software, permite iniciar a difusión dos resultados do consorcio de empresas galegas do proxecto "Excelencia Software 2008" co que se pretende crear imaxe de marca das empresas galegas de desenvolvemento de software a nivel nacional e internacional, así como fomentar a creación da masa crítica de empresas galegas que poidan participar en grupo na xeración de produtos software tecnolóxicos e proxectos de I+D máis ambiciosos a nivel internacional.
Ler noticia no Blog
|