|
Novo documento de control de interfaz SIS de Galileo |
|
|
|
Xoves, 17 Abril 2008 21:21 |
O pasado 8 de abril a Autoridade Europea de Supervisión de GNSS (GSA) publicou o novo documento de control de interfaz dos sinais espaciais de Galileo (o sistema de navegación por satélite global). Este novo borrador "Galileo Open Service Signal-in-Space Interface Control Document (OS SIS ICD)" permitirá aos desarrolladores crear produtos e aplicacións que saquen o máximo partido ao sistema Galileo e os seus sinais (creando un interfaz eficiente), e impulsar o mercado de desenvolvemento de produtos para o consumidor final.
Os documentos de interfaz son vitais en sistemas de enxeñería xa que describen os interfaces do sistema e polo tanto definen de xeito claro e precisa os requisitos que deben cumprir os dispositivos e aplicacións desenvolvidos para ese sistema. O Documento de control de interfaz dos sinais espaciais de Galileo define en resumo a forma na que se pode acceder aos sinais e servizos do sistema.
Este documento, segundo que se publica, é a actualización da primeira versión de maio de 2006, e repasa as características do sistema Galileo, as características dos sinais espaciais, dos códigos destas, a estrutura das súas mensaxes e da mensaxe de navegación, así como de tipos de modulación. Unha nova actualización do documento será publicado en 2009.
Descargar el documento (PDF, 2 MB)
Facilitase ademáis o formulario da European GNSS Supervisory Authority para recoller comentarios relativos ao documento Galileo OS SIS ICD Draft1.
O citado formulario deberá ser cumplimentado antes do 9 de maio.
|