|
A xornada, que tivo lugar o pasado 8 de abril en Santiago, organizada por Gradiant e vindeira e financiada pola Dirección Xeral de I D i, reuniu a preto de cincuenta expertos no eido das comunicacións.
A apertura do evento correu a cargo do Director Xeral de I+D+i, D. Salustiano Mato de la Iglesia, a Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade dá Información, Dna. Helena Veiguela Martínez e o Director Xeral de Comunicación Audiovisual, D. Manuel Fernández Iglesias que coincidiron en destacar a importancia de que Galicia se sitúe á cabeza do sector TIC en Europa.
Nas sucesivas intervencións, representantes de Gradiant e do sector empresarial como R, Retegal, Televés e Arteixo Telecom, xunto cos representantes do Proxecto Sfera, analizaron as capacidades tecnolóxicas no ámbito das comunicacións sen fíos e por satélite así como a situación da industria galega das TIC neste sector.

D. Manuel Fernández Iglesias, Director Xeral de Comunicación Audiovisual, D. Salustiano Mato de la Iglesia Director Xeral de I+D+i, D. Fernando Pérez González Director Xeral de Gradiant e Dna. Helena Veiguela Martínez, Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información
A conclusión máis importante da xornada é que non existe unha tecnoloxía "máxica" para resolver o problema de levar a banda ancha ao rural, senón que é necesaria unha combinación juiciosa de ADSL, WiMAX, WiFi, 3G e satélite.
Descargar presentacións do Evento
Doutra banda, a xornada serviu tamén para constatar o enorme potencial existente nas empresas galegas do sector, que se vería multiplicado se Galicia dispuxese da capacidade de xestionar parte do espectro radioeléctrico, en especial aquelas bandas que levan moitos anos sen ser explotadas polas empresas adxudicatarias das licenzas.

D. Antonio Alfaro, Telecom Castilla la Mancha, D. Wenceslao Sánchez de la Peña, Coordinador Proyecto Europeo Sfera, D. Fernando Pérez González, Director Xeral de Gradiant e D. Julián Seseña de Rose Vision
Ao termo da reunión acordouse crear un grupo de traballo dentro de Vindeira para acometer a realización dun estudo de viabilidade das diferentes alternativas tecnolóxicas, ao que se sumarán representantes do Proxecto Sfera.
Web do proxecto Sfera
|