Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC   Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Texto máis grande Texto máis pequeno Reiniciar tamaño de letra
  • Galego
  • Castellano
  • English
  

Vindeira Capital Network

Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT)

Grupos - Nº de membros
Fogar Dixital: 27
TIC-Saúde: 39
Mobilidade: 34
Tecn. informáticas: 32
Tec. Inf. Xeográfica: 14
Turismo: 20
Smart Cities: 30
Acceso usuarios



De interese...



Inicio Sala de Prensa Proxecto SFERA: Xornada en Santiago

Proxecto SFERA: Xornada en Santiago Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Marzo 2008 03:52
Proxecto SFERA: evento en SantiagoGRADIANT e Vindeira organizan o vindeiro día 8 de abril un evento que leva por título "Xornada Proxecto Sfera: Capacidades tecnolóxicas no campo das comunicacións sen fíos e por satélite" e contará coa presenza de numerosos expertos de empresas galegas no mundo das comunicacións e co cordinador do Proxecto Sfera entre outros. 

O acto terá lugar en Santiago de Compostela, no "Hotel Puerta del Camino".
Para inscribirse e máis información: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

Descargar axenda definitiva do evento
SFERA (Structural Funds for European Regional Research Advancement) é un proxecto Europeo, financiado polo Séptimo Programa Marco da Comisión Europea.

O proxecto SFERA creouse coa intención de ser unha ferramenta de axuda e apoio ás Rexións Europeas, co fin de asesorarlles nas estratexias a seguir no investimento dos Fondos Estruturais, dadas as novas prioridades destes fondos que están dirixidas ao desenvolvemento da Sociedade da Información e aos investimentos en I+D.

España foi un exemplo do bo uso dos Fondos Estruturais, e deste xeito preténdese que SFERA axude a que se continúe logrando un investimento eficiente en TICs, e que os resultados obtidos sexan óptimos para as Rexións, os seus cidadáns e a industria local.
Máis información en: www.sferaproject.eu
 
 
GRADIANT, Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia    Axencia Galega de Innovación
Hosting by CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Copyright © 2012 Vindeira - Plataforma Tecnolóxica das TIC
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC