Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC   Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Texto máis grande Texto máis pequeno Reiniciar tamaño de letra
  • Galego
  • Castellano
  • English
  

Vindeira Capital Network

Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT)

Grupos - Nº de membros
Fogar Dixital: 27
TIC-Saúde: 39
Mobilidade: 34
Tecn. informáticas: 32
Tec. Inf. Xeográfica: 14
Turismo: 20
Smart Cities: 30
Acceso usuarios



De interese...



Inicio Sala de Prensa Un proxecto de investigación europeo desenvolverá a nova xeración de TV por Internet

Un proxecto de investigación europeo desenvolverá a nova xeración de TV por Internet Imprimir Correo-e
Venres, 29 Febreiro 2008 17:49
Un proxecto de investigación europeo desenvolverá a nova xeración de TV por InternetUn consorcio europeo de 21 socios que inclúe a emisoras de televisión e centros de investigación recibiu unha subvención de 19 millóns de euros da UE para investigar novas formas de televisión por Internet.

O proxecto P2P-Next explorará aplicacións P2P («Peer-to-Peer» ou de punto a punto) durante os próximos catro anos, co obxecto de desenvolver un sistema de transmisión de TV por Internet de «próxima xeración» baseado en P2P e na interacción social.

A tecnoloxía Peer-to-Peer ofrece unha alternativa á arquitectura tradicional cliente/servidor das redes informáticas. Cada computador participante (ou peer), ao utilizar as redes de banda ancha existentes, funciona á vez como cliente e como servidor para unha aplicación específica. Unha rede P2P permite compartir arquivos ou fluxos de contido con contidos de datos, son e imaxe.

«Estamos construíndo un sistema peer-to-peer legal de plataforma múltiple, baseado en software libre e de fonte aberta», afirmou George Wright, Produtor Executivo da Unidade de Desenvolvemento Rápido da BBC.

O sistema baséase en Tribler, unha tecnoloxía central desenvolvida pola Universidade Técnica de Delft. «Dispomos de financiamento para os próximos catro anos para mellorar a tecnoloxía Tribler, cubrindo o fluxo de P2P en vivo, unha interfaz de usuario mellorada, con recomendacións incorporadas de preferencias e moito máis», engadiu G. Wright no seu blog.

Potencialmente, esta tecnoloxía podería construírse sobre servizos de VOD («Vídeo on Demand» ou televisión á carta), e xa hai plans para probar o sistema en transmisións importantes nunha ampla gama de aparellos de consumo.

O proxecto ten un enfoque aberto no relacionado co intercambio de resultados, e entre os seus plans está o facer dispoñible toda a tecnoloxía de software central como código aberto coa esperanza de posibilitar a creación de novos modelos empresariais. Por outra banda, P2P-Next intentará abordar varias cuestións pendentes relacionadas coa transmisión de contido por Internet, como cuestións técnicas, xurídicas, normativas, de seguridade, empresariais e comerciais.

Os socios do proxecto son a BBC (Corporación Británica de Difusión), a Universidade Técnica de Delft, a Unión Europea de Radiodifusión, a Universidade de Lancaster, Markenfilm, Pioneer Digital Design Centre Ltd., e o Centro de Investigación Técnica VTT de Finlandia.

Para obtener máis información, consulte:

www.p2p-next.org

Ler noticia na web de Cordis
 
 
GRADIANT, Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia    Axencia Galega de Innovación
Hosting by CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Copyright © 2012 Vindeira - Plataforma Tecnolóxica das TIC
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC