|
Convocatoria "Marie Curie Industry-Academia Partnerships and Pathways" |
|
|
|
Xoves, 14 Febreiro 2008 17:41 |
A OPIDi informa sobre a convocatoria "Marie Curie Industry-Academia Partnerships and Pathways" - IAPP, dentro do Programa People do 7º Programa Cadro da UE. Esta convocatoria ten como obxectivo fomentar a cooperación entre os organismos públicos de investigación e as empresas privadas para o desenvolvemento dun programa científico conxunto a través do intercambio de persoal (investigadores, técnicos e xestores).
Datos da convocatoria FP7- PEOPLE- IAPP- 2008:
- Orzamento da convocatoria: 45 Millóns de euros.
- Porcentaxe de financiamento: ata o 100% dos custos do proxecto.
- Consorcio: Como mínimo, un organismo de investigación público e un privado, procedentes de dous estados membros ou un estado membro e un asociado.
- Duración: máximo 4 anos.
- Costes elixibles: soldo do persoal, complementos de viaxe, mobilidade e formación, complementos para gastos de investigación, asistencia a conferencias, etc., gastos indirectos (10%) e de xestión (3%). Para PEMEs tamén é subvencionable a adquisición de equipos pequenos, sempre que non supere o 10% do orzamento da PEME dentro do proxecto.
- Data de peche da convocatoria: 25 de marzo de 2008
- Ligazón á convocatoria: FP7-PEOPLE-IAPP-2008
A acción Marie Curie IAPP é unha importante fonte de financiamento para a investigación do sector privado, especialmente para as PEMEs, porque é a única acción na que unha soa PEME pode solicitar o financiamento da investigación en cooperación cun só socio universitario.
Para máis información sobre outras accións dentro do programa People
Presentación-resumo do Punto Nacional de Contacto do Programa People, David Sayago, na Web da OPIDi
|