|
Plan de Traballo de I+D+i do Goberno |
|
Sábado, 19 Xaneiro 2008 14:41 |
Presentación do Programa de Traballo 2008, aprobado pola Comisión Permanente da CICYT do 17 de decembro de 2007. Descarga do documento (PDF, 2,18 MB). |
|
Sábado, 19 Xaneiro 2008 14:28 |
A Consellería de Innovación e Industria acaba de facer pública no Diario Oficial de Galicia do venres, 11 de xaneiro de 2008, a Orde do 27 de decembro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos investimentos das empresas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008 (procedemento administrativo IN520A).
Estas subvencións, enmarcadas dentro do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) 2007-2010, están dirixidas a empresas privadas con personalidade xurídica que realicen actividades con ánimo de lucro, así como os empresarios individuais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro día 15 de febreiro de 2008.
As bases da convocatoria no seguinte enlace (PDF, 675 KB).
|