|
Nace a Fundación General CSIC para favorecer o investimento privado en investigación |
|
Luns, 28 Xullo 2008 17:45 |
O presidente do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Rafael Rodrigo, asinou na sede central do Consejo, en Madrid, a acta de constitución da Fundación General CSIC, acompañado pola ministra Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia.
Este novo órgano, independente da institución, xorde co obxectivo de captar financiamento privado para o desenvolvemento de iniciativas público-privadas vinculadas á investigación.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Conclusións da 2ª Xornada de NEURONA |
|
Venres, 18 Xullo 2008 01:00 |
Neurona, a rede que cohesiona as 14 Plataformas Tecnolóxicas, conta desde o 11 de xullo cun Comité Estratéxico no que se integran as Plataformas Tecnolóxicas Galegas, entidades bancarias e financeiras, os centros e parques tecnolóxicos e a Consellería de Innovación e Industria. O director xeral de I+D+i da Consellería, Salustiano Mato, presidiu en Santiago a constitución deste Comité e presentouno ao preto dun centenar de representantes de entidades adheridas ás Plataformas Tecnolóxicas Galegas asistentes á xornada de traballo "Obradoiros de Cooperación da Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas - Neurona".
Durante a Xornada o presidente de Vindeira, Antonio Rodríguez del Corral realizou unha presentación sobre boas prácticas (PPT, 772 KB).
A Xornada concluíu cunha serie de talleres de cooperación interplataforma e Vindeira participou en dúas deles. As conclusións do taller de cooperación de Vindeira (PDF, 393 KB) con I+DEA (PDF, 154 KB) e a Plataforma do Producto Gráfico e Libro Galego (PDF, 348 KB) recóllense na seguinte acta (PDF, 118 KB).
|
|
A Comisión presenta un plan de cooperación entre programas nacionais de investigación |
|
Luns, 28 Xullo 2008 17:32 |
A Comisión Europea presentou os seus plans para impulsar a cooperación entre os programas nacionais de financiamento da investigación. Este novo plan de «Programación Conxunta» está deseñado para asegurar que os fondos públicos destinados a investigación utilízanse da forma máis eficiente posible e axudan a abordar os problemas comúns europeos de forma máis efectiva. Prevese que as primeiras Iniciativas de Programación Conxunta poranse en marcha en 2010.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 Seguinte > Final >>
|