|
|
Grupo de Traballo Tecnoloxías de Información Xeográfica
|
| Promovido por Sixtema |
|
| Breve descripción |
|
Os sistemas de información xeográfica (SIX ou GIS no seu acrónimo en inglés) teñen cada vez un papel máis protagonista na vida cotidiá, grazas á popularización de ferramentas de uso masivo e ó alto grado de penetración dos dispositivos móbiles e gps na sociedade, que fan que aumenten exponencialmente os usuarios que potencialmente poden xerar e consumir este tipo de información.
Isto trasládase a unha maior demanda de servizos GIS, e a un maior interese por parte das empresas e administracións públicas en mellorar, armonizar e promover a difusión de datos.
O grupo de traballo márcase como obxectivos:
- Promover e poñer en común coñecementos e capacidades dos participantes para o desenvolvemento conxunto de proxectos de I+D+i relacionados cos GIS.
- Estudar a adopción en fase temperá dos estándares OGC que permitan unha alta interoperabilidade entre proxectos.
- Fomentar accións formativas que melloren o perfil dos profesionais no eido dos GIS.
- Fomentar accións divulgativas que promovan as vantaxes e o caracter transversal dos GIS no resto de sectores.
|
| Participantes |
Avansig Cartogalicia CESGA CITIC D.X. de Sostibilidade e Paisaxe Enxenio Grupo de Arquitectura de computadores (UDC)
|
Ipoki Laboratorio de Bases de Datos (UDC) Lógica Equipamientos Integrales IIT (USC) Quadralia S.A. Para o Desenvolvemento Comarcal De Galicia(SITGA) Sixtema |
|