Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC   Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Bigger text Smaller text Reset text
  • Galego
  • Castellano
  • English
  

Vindeira Capital Network

Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT)

WG - N. of members
Digital Home: 27
ICT for Health: 39
Mobility: 34
Computer Tech: 32
GIS: 14
Tourism: 20
Smart Cities: 30
User access



Might be of your interest...



Home Press room Innovación e Industria concede 3,2 millóns en axudas para realizar proxectos de investigación TIC

Innovación e Industria concede 3,2 millóns en axudas para realizar proxectos de investigación TIC Print E-mail
Friday, 01 December 2006
This content is not available in English.

A Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de I+D+I, vén de adxudicar 3,2 millóns de euros a 38 proxectos de investigación e innovación empresarial no sector das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións.

O 72% deste investimento destinarase a empresas galegas do sector. Estas axudas enmárcanse dentro do Programa Sectorial de Tecnoloxías para a Innovación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

As axudas teñen como finalidade estimular o avance na área das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, pero tamén favorecer a incorporación de solucións innovadoras xeradas por este sector aos demais sectores da economía galega. Polo tanto, abrangue dende a investigación básica en fotónica para a súa aplicación en comunicación óptica até as novas tecnoloxías audiovisuais en rede ou realidade virtual, pasando por aplicacións concretas na biomedicina, no sector aeroespacial ou no educativo.

As empresas son as principais beneficiarias desta inversión. 26 proxectos de investigación industrial, innovación tecnolóxica, desenvolvemento precompetitivo e proxectos de demostración de empresas privadas, agrupacións de empresas de carácter privado e empresas públicas que teñen entre os seus fins ou realicen actividades de investigación recibirán un total de 2,3 millóns de euros divididos en catro anualidades até 2009. Ademais, catro empresas beneficiaranse dunha inversión de 137.914 euros para a dotación dos seus laboratorios e departamentos de I+D+I. Ambas modalidades están cofinanciadas nun 75% con fondos FEDER.

O proxecto que acada unha maior subvención é o do deseño de dispositivos blu:generation, da empresa Blusens Technology, que recibe unha axuda total de 265.000 euros para o seu desenvolvemento. Outros proxectos abordarán iniciativas como a creación dunha plataforma para a prestación de servizos de administración electrónica a través de televisión dixital interactiva, de Altia Consultores; o deseño de microtansmisores e microreemisores para a televisión dixital terrestre, de Intelsis; un obradoiro-xenerador para comunidades de contidos audiovisuais, de Softgal; e o desenvolvemento dun sistema de xestión e monitorización intelixente en residencias para a terceira idade, entre outros.

Tres centros tecnolóxicos tamén se beneficiarán destas axudas da Dirección Xeral de I+D+I. O Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, o Centro Tecnóloxico da Pesca de Celeiro e o Centro Tecnolóxico Nacional de Conservación de Produtos de Pesca (ANFACO-CECOPESCA) reciben un total de 393.175 euros para a investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións. Os proxectos subvencionados abordarán temas como o desenvolvemento de aplicacións de seguridade preventiva nos vehículos, un sistema robotizado de etiquetado individual de peixe fresco mediante recoñecemento por imaxe e a creación dunha plataforma de xestión dos sistemas de seguridade alimentaria na industria do peixe e marisco.

Por último, cinco proxectos de investigación aplicada de equipos de investigación de universidades públicas e organismos e centros públicos de investigación reciben 370.000 euros para a realización de proxectos nesta área. Entre os estudos subvencionados están Biopar, un sistema biométrico baseado en patrón de retina; a codificación en vídeo de dispositivos de procesado dixital de sinal; os receptores para wlan de última xeración e os sensores microbalanza de cuarzo.

A resolución da axudas está dispoñíbel na páxina web da Consellería de Innovación e Industria, en http://www.conselleriaiei.org/

 
 
GRADIANT, Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia    Axencia Galega de Innovación
Hosting by CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia
 
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC
Copyright © 2013 Vindeira - Plataforma Tecnolóxica das TIC
Vindeira - Plataforma tecnolóxica das TIC