III Encontro Vindeira Capital Network

10 e 11 de maio, Santiago de Compostela

Galego

Emprendedores participantes no "III Encontro VCN"

Os vindeiros 10 e 11 de maio celebrarase en Santiago de Compostela o III Encontro Vindeira Capital Network no que participarán os proxectos abaixo listados. A estos proxectos sumaráselles Galchimia, proxecto invitado do sector Biotech.

  • Appvisor (aplicación móbil para consultas)
  • Autoparalel (automatización xeración aplicacións paralelas)
  • CLICUA (promoción e fidelización do comercio)
  • DNET (TAGTUM) (autenticidade de produtos)
  • Docuralia (xestión documental na nube)
  • Donatelia - Gañador SWGalicia 2012 (recaudación de fondos)
  • ePocketguide (información sobre rutas turísticas)
  • mBeat (solución eHealth de diagnótico ubicuo e en tempo real)
  • SetPay (solucións de cobro para autónomos e empresas)
  • Syntheractive (vídeo sintético)
  • Xebook (xestión e préstamo de libros electrónicos en bibliotecas)
 

II Especial Vindeira Capital Network 2012

Ampliación prazo de inscrición proceso de selección de proxectos

O prazo de inscrición para o proceso de selección de proxectos empresariais que solicitan investimento a través do III Encontro Vindeira Capital Network, amplíase ata o vindeiro mércores 29 de febreiro (incluído). Unha vez concluído o prazo, e tras comprobar a adecuación dos proxectos ós requisitos de selección, os emprendedores serán debidamente convocados para a presentación do seu proxecto diante do Comité de Selección de Proxectos.
Xuntanza Comité de Selección de Proxectos

O Comité de Selección de Proxectos, formado por profesionais do mundo empresarial e académico do Comité Executivo de Vindeira e do Comité Estratéxico do Cluster TIC Galicia, xuntaranse o mércores 7 de marzo en Santiago para seleccionar aquelas ideas que acederán tanto á Venture Academy coma ó III Encontro VCN.
Colaboración con Startup Weekend Galicia

Coma sucedeu na pasada edición, o gañador de Startup Weekend Galicia, que terá lugar do 24 ó 26 de febreiro en A Coruña, participará no III Encontro Vindeira Capital Network.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 9

VCN 2012

Actualmente está en marcha "Vindeira Venture Academy", completo programa de formación de carácter gratuito ofrecido por BIC Galicia, XesGalicia e o IGAPE que ten entre os seus obxectivos principais fomentar o carácter emprendedor e acelerar o proceso de preparación para a búsqueda de financiamento, e do que sairán os proxectos que serán presentados ante os investidores no III Encontro Vindeira Capital Network.

Podes seguir os avances da formación tanto a través da conta de Twitter oficial da Academia como a través do seu perfil en Facebook.

 

Acceso



Datas de interese

Periodo de inscrición de proxectos: 16 de xaneiro a 29 de febreiro

Selección de proxectos: 7 de marzo

Formación: meses de marzo e abril, a cargo de BIC Galicia

III Encontro Vindeira Capital Network: 10 e 11 de maio, Santiago de Compostela

Organizadores

bic_galicia
fondo_socialxunta galicia
vindeira gradiantusc

Patrocinadores

igape_pxesgalicia  cluster_ticFundación R

Colaboradores

uninvestuniriscocesga swg

Asociación colaboradora

Eganet